A miña familia e outros animais
Texto: Gerald Durrell

“Este é o relato dos cinco anos que a miña familia e mais eu pasamos na illa grega de Corfú. Nun principio estaba previsto que fose unha descrición lixeiramente nostálxica da historia natural da illa, pero cometín o grave erro de presentar a miña familia nas primeiras páxinas do libro. Unha vez plasmados sobre o papel, procederon a poñerse cómodos e mesmo invitaron uns amigos a compartir os capítulos. Con enorme dificultade e amosando unha astucia considerable, apañeime para reservar aquí e alí algunha páxina que poder dedicarlles exclusivamente ós animais. (…) Todas as anécdotas sobre a illa e os seus habitantes son absolutamente verídicas. Vivir en Corfú era coma vivir nunha das óperas cómicas máis extravagantes e disparatadas.”

Así presenta Gerald Durrell este libro, o máis coñecido deste autor británico, no que o lector atopará un rapaz ávido por descubrir a vida, que lle contaxiará o seu entusiasmo.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2015.







Nº Páxinas: 334
Encadernación: Rústica con lapelas
ISBN: 978-84-15920-91-5
PVP: 18.00 €
Tradución de Susana Collazo
        
            Tamén che pode gustar...
            




                              






A avoa gánster  

Cantidade:  Prezo: 16.00 €


O paquete falante  

Cantidade:  Prezo: 16.00 €


Gastos de envío: 1.50 €

TOTAL PEDIDO 33.50 €




Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Copyright © 2012 - Todos os dereitos reservados
Aviso legal