Os contos de terror do tío Montague
Texto: Chris Priestley

O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo.

Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade: unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo… Como chegou o tío Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos?

Pero non hai tempo para respostas. Á volta, Edgar ten que atravesar o bosque antes de que escureza… ou están as respostas aí fóra?

Prepárate para que se che poñan os pelos de punta ao descubrir que o tío Montague é o tema do relato talvez máis sorprendente e arrepiante de todos.

Con ilustracións de David Roberts.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2015.







Nº Páxinas: 180
Encadernación: Rústica con lapelas
ISBN: 978-84-15920-84-7
PVP: 14.00 €
Tradución de Eva Almazán
        
            Tamén che pode gustar...
                                          






A avoa gánster  

Cantidade:  Prezo: 16.00 €


Gastos de envío: 1.50 €

TOTAL PEDIDO 17.50 €




Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Copyright © 2012 - Todos os dereitos reservados
Aviso legal