De quen vén sendo Sushi Books?
Sushi Books é un selo pertencente a Rinoceronte Editora S.L.U., que sae á luz en 2013 para achegarse a lectores de todas as idades. E faino cun catálogo en galego, castelán, catalán e éuscaro. Algúns son produtos de importación, outros son delikatessen do país.

Para que tipo de público?
En Sushi Books temos libros para todo tipo de padais, de cinco a quince anos.

Como sei cal é o Sushi que me convén?
A receita é sempre catar, pero ofrecémosche unha guía simple a través das nosas tres coleccións:
    - Álbum. Se buscas unha lectura máis dixestiva, con ilustracións, e apta ademais para primeiros lectores.
    - Intermedio. Se buscas aventuras condensadas en varios capítulos para ler nos recreos.
    - Avanzado. Se buscas emocións fortes ou que che descubran novos mundos, agora que xa estás no instituto.

Onde servides?
Podes atopar os Sushi Books en librarías toda Galicia grazas a Alonso Libros. No resto de España, fai o reparto UDL. Tamén os podes mercar na nosa web, e mandámoschos á casa.

Onde se preparan os Sushi Books?
Estamos (case sempre) aquí:
Avenida de Vigo, 103, galerías
36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Atendemos no teléfono +34 986 16 80 28 e no correo electrónico falame@sushibooks.es

Como podo estar ao tanto do que facedes?
Síguenos na nosa conta de Twitter e de Facebook.







A cesta está baleira


Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Copyright © 2012 - Todos os dereitos reservados
Aviso legal