Gerald Durrell

Conta a lenda que a primeira palabra que pronunciou Gerald Durrell (1925-1995) foi “zoo”. O seu pai, un enxeñeiro civil británico destinado á India, morreu en 1928, polo que a familia se viu na obriga de volver a Inglaterra. Entre 1935 e 1939 trasladáronse á illa de Corfú, experiencia que lle serviría para desenvolver a súa afección pola fauna e de base para a Triloxía de Corfú (A miña familia e outros animais, Bechos e demais parentes e O xardín dos deuses).

A causa da Segunda Guerra Mundial, tivo que instalarse de novo en Londres, onde comezou a traballar como axudante nun zoo. Máis tarde, realizaría expedicións a Camerún, Guinea, Arxentina, México, Paraguai, Australia, Nova Zelandia… Animado polo seu irmán Lawrence, comezou a publicar as súas experiencias. O seu estilo ameno e o exotismo dos lugares presentados nos seus libros fixérono moi popular.


Gerald Durrell tamén fixo:


O paquete falante

O xardín dos deuses

Bechos e demais parentes

A miña familia e outros animais






A avoa gánster  

Cantidade:  Prezo: 16.00 €


O paquete falante  

Cantidade:  Prezo: 16.00 €


Gastos de envío: 1.50 €

TOTAL PEDIDO 33.50 €




Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Copyright © 2012 - Todos os dereitos reservados
Aviso legal