Chris Priestley

Chris Priestley (Hull, Reino Unido, 1958). Dende a súa adolescencia, a Chris Priestley encantábanlle as historias de medo, xa fose en cómics, nalgunhas series da BBC ou nos libros de Edgar Allan Poe e Ray Bradbury. Cos seus de Contos de Terror busca atrapar o lector igual que a el o atraparon no seu día.

Vive en Cambridge coa súa muller e o seu fillo. As súas ilustracións publicáronse en varios xornais e revistas como The Independent e The Economist. Como autor de relatos, foi nominado a varios premios de literatura infantil e xuvenil e traducido a unha ducia de idiomas.


Chris Priestley tamén fixo:


Os contos de terror do tío Montague






A cesta está baleira


Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Copyright © 2012 - Todos os dereitos reservados
Aviso legal