Antonio Manuel Fraga Allegue

Pontedeume (A Coruña), 1976.

Naceu e medrou baixo a sombra do vello Castelo de Andrade, empoleirado na Pena Leboreira, desde onde se ve o encontro do río Eume coa ría de Ares. Nesa contorna aprendeu dos mouros, dos trasnos, das ánimas errantes das corredoiras da fraga, das meigas, das fadas, e doutras moitas criaturas que habitan entre nós aínda que non sexamos quen de velas. Aprendeu tamén a gozar dos contos, rela-tados pola súa madriña Carmen, e a mesturalos co sabor do repolo guisado na cociña da casa do Lugar do Sapo, onde a auga é sempre fresca e un non deixa nunca de ser neno.

Actualmente vive ao pé doutras vellas pedras: as da Torre de Hércules, no coruñés barrio de Monte Alto. Alí enche o seu tempo escribindo historias.


Antonio Manuel Fraga Allegue tamén fixo:


Xildas






A avoa gánster  

Cantidade:  Prezo: 16.00 €


O paquete falante  

Cantidade:  Prezo: 16.00 €


Gastos de envío: 1.50 €

TOTAL PEDIDO 33.50 €




Síguenos en Facebook
Síguenos en Twitter

Copyright © 2012 - Todos os dereitos reservados
Aviso legal